domingo, 24 de noviembre de 2013

Habilidades ximnásticas


Benvidos revoltiñ@s!

Nas próximas semanas realizaremos nas sesións de educación física xogos e tarefas relacionadas ca realización e práctica das habilidades ximnásticas.

Para que vaiades entrando no tema aqui vos deixo uns vídeos explicativos de como realizar correctamente a voltereta cara adiante e cara atrás.


 Voltereta cara adiante



                    Voltereta cara atrás
   

Recordade que a seguridade na realización do exercicio e o máis importante co fin de evitar lesións, así que con moito coooidadiñooo!!


PARA SABER UN POUCO MÁIS


lunes, 11 de noviembre de 2013

OS VALORES DO DEPORTE

Un gran exemplo a seguir respecto 
ós valores no deporte


                                                  UN GRAN XESTO DEPORTIVO.

O  domingo 2 de decembro do ano pasado na carreira de cross que se disputou na localidade de Burlada, (Navarra) pasou a seguinte anécdota que nos axuda a ver que aínda se pode crer nos grandes valores do deporte.

Resulta que o atleta keniano Abel Mutai medalla de ouro nos 3000m obstáculos nos últimos xogos olímpicos de Londres pensou que estaba a piques  de gañar  a proba. Empezou por tanto a afrouxar o paso totalmente relaxado, saúdando ao numeroso público... xa que pensaba que era o claro gañador.


O corredor que viña atrás del, o español Iván Fernández Anaya (campeón de España de 5.000 metros en categoría promesas fai dous anos) o ver que o atleta keniano estaba equivocado, xa que aínda faltaba bastantes  metros para chegar a meta. En vez de aproveitar a ocasión para acelerar e gañarlle o que fixo foi o seguinte:

Quedou as costas do atleta keniano, xesticulou e intentou por todos os medios facerlle entender que estaba equivocado incluso o  empurrou co fin de que Abel Mutai chegara a derradeira meta en primeira posición deixandoo por tanto pasar por diante del.

Iván Fernández Anaya, un corredor victoriano de 24 anos que está considerado un atleta con moito futuro afirmou ao término da proba:

" Aínda que me dixeran que gañando tiña praza na selección española para poder disputar o Europeo, non me aproveitaría do meu adversario keniano. Creo que é mellor o que fixen  que si me aproveitase e gañara eu a proba".

Agora toca reflexionar sobre a noticia:

Que vos parece o feito que levou acabo o atleta español?

Que faríades vós na súa situación?

Credes que "todo vale" con tal de gañar?

Por que feitos coma estes non saen normalmente publicados nos medios de comunicación?