jueves, 12 de diciembre de 2013

Pequeno agasallo de despedida


Ol@ moz@s!

Pois síi... chegou o día e xa rematou a miña andanza como mestra no C.P.I. As Revoltas!

Gustoume moito traballar con tod@s!!

Non me quero despedir sen darvos as grazas por aturarme estes 2 meses e medio!

Nunca se sabe...  quizais volvamos a vernos!

Espero que pasedes un BO NADAL e que vos portedes aínda mellor ca vosa profe Paula que comigo!

Para os raparig@s de 3º e 4º fíxenvos un pequeno vídeo da saída que realizamos a finais de novembro A Coruña.

Espero que vos guste!!

ATA OUTRA!!


domingo, 24 de noviembre de 2013

Habilidades ximnásticas


Benvidos revoltiñ@s!

Nas próximas semanas realizaremos nas sesións de educación física xogos e tarefas relacionadas ca realización e práctica das habilidades ximnásticas.

Para que vaiades entrando no tema aqui vos deixo uns vídeos explicativos de como realizar correctamente a voltereta cara adiante e cara atrás.


 Voltereta cara adiante



                    Voltereta cara atrás
   

Recordade que a seguridade na realización do exercicio e o máis importante co fin de evitar lesións, así que con moito coooidadiñooo!!


PARA SABER UN POUCO MÁIS


lunes, 11 de noviembre de 2013

OS VALORES DO DEPORTE

Un gran exemplo a seguir respecto 
ós valores no deporte


                                                  UN GRAN XESTO DEPORTIVO.

O  domingo 2 de decembro do ano pasado na carreira de cross que se disputou na localidade de Burlada, (Navarra) pasou a seguinte anécdota que nos axuda a ver que aínda se pode crer nos grandes valores do deporte.

Resulta que o atleta keniano Abel Mutai medalla de ouro nos 3000m obstáculos nos últimos xogos olímpicos de Londres pensou que estaba a piques  de gañar  a proba. Empezou por tanto a afrouxar o paso totalmente relaxado, saúdando ao numeroso público... xa que pensaba que era o claro gañador.


O corredor que viña atrás del, o español Iván Fernández Anaya (campeón de España de 5.000 metros en categoría promesas fai dous anos) o ver que o atleta keniano estaba equivocado, xa que aínda faltaba bastantes  metros para chegar a meta. En vez de aproveitar a ocasión para acelerar e gañarlle o que fixo foi o seguinte:

Quedou as costas do atleta keniano, xesticulou e intentou por todos os medios facerlle entender que estaba equivocado incluso o  empurrou co fin de que Abel Mutai chegara a derradeira meta en primeira posición deixandoo por tanto pasar por diante del.

Iván Fernández Anaya, un corredor victoriano de 24 anos que está considerado un atleta con moito futuro afirmou ao término da proba:

" Aínda que me dixeran que gañando tiña praza na selección española para poder disputar o Europeo, non me aproveitaría do meu adversario keniano. Creo que é mellor o que fixen  que si me aproveitase e gañara eu a proba".

Agora toca reflexionar sobre a noticia:

Que vos parece o feito que levou acabo o atleta español?

Que faríades vós na súa situación?

Credes que "todo vale" con tal de gañar?

Por que feitos coma estes non saen normalmente publicados nos medios de comunicación?

martes, 29 de octubre de 2013

lunes, 21 de octubre de 2013

U.D. Somos atletlas



           Hello raparig@s!

Nas próximas semanas comezamos unha nova Unidade Didáctica, orientada cara a práctica dun deporte individual.

Tócalle o turno ao ATLETISMO.

Para que coñezades un pouquiño esta modalidade deportiva.

"Premade" nos seguintes enlaces:


ATLETISMO

HISTORIA, ESTADIO, MODALIDADES 


VÍDEOS

PROMOCIÓN DO ATLETISMO



O OSO BERNI Carreira de Velocidade



RÉCORD DO MUNDO 100M LISOS USAIN BOLT 9,58 segs





UN POUCO DE TEORÍA

EDUCACIÓN E ATLETISMO

100 m LISOS A PROBA POR EXCELENCIA

SALTO DE LONXITUDE

SALTO DE ALTURA

LANZAMENTO DE PESO

LANZAMENTO DE XABALINA

LANZAMENTO DE DISCO




lunes, 14 de octubre de 2013

A nutrición

Bo@s de novo revoltiñ@s!!


Sabedes que para estar sans ademais de facer exercicio  debemos facer unha dieta saudable e equilibrada para ter enerxía durante todo o día!

Velaquí tedes uns recursos e enlaces para repasar o tema da nutrición:

IMPORTANCIA DOS ALIMENTOS, NUTRIENTES ESENCIAIS... CON ACTIVIDADES

NUTRIENTES DOS ALIMENTOS

ALIMENTACIÓN SÁ 

ALIMENTOS, DIETA E DEPORTES

PIRÁMIDE ALIMENTICIA






Actividades interactivas para repasar as cualidades físicas basicas

         Ola raparig@s de 5º e 6º !!




Xa estamos rematando a unidade relacionada co traballo da condición física mediante as capacidades físicas básicas.

Para repasalas un pouquiño, atoparedes información e actividades interactivas relacionadas "premando" nos seguintes enlaces;

A FORZA

A RESISTENCIA

A VELOCIDADE

A FLEXIBILIDADE

ACTIVIDADES  DE ENCHER OCOS, CRUCIGRAMAS, RESPOSTAS ABERTAS  ...

PROGRAMA LUDOS QUE NOS PERMITE CALCULAR A FRECUENCIA CARDÍACA 

ACTIVIDADES JAVA CAPACIDADES FÍSICAS  cfb


martes, 8 de octubre de 2013

INICIACIÓN AO IUDO

Boas revoltiñ@s!!

Aquí tedes as fotos da sesión de iniciación ao iudo que nos impartiu Diego.

Decirvos que vos portastedes moi ben, e que Diego e eu esperamos que o pasarades xenial. 

E xa sabedes se vos animades a practicar este deporte, recordade que tedes que acudir ao concello. Alí  vos informaran dos pasos a seguir.

E agora soamente me toca dicir ....        A XOGAR!!!

Comezamos cos compañeir@s de 3º de E.P.


Sesión iudo 3º E. P. - foto montaje

Seguimos con 4º de E. P.


iniciación a iudo 4º E.P. - foto montaje


Finalizamos con 5º de E.P.


domingo, 29 de septiembre de 2013

U.D. Somos rápidos, resistentes, fortes e flexibles

Ola revoltiños de 5º e 6º!!

Na próxima quincena traballaremos a "U.D. Somos rápidos, resistentes, fortes e flexibles".



Os obxectivos que se levarán a cabo son:

1. Coñecer as capacidades físicas básicas para traballar a condición física.
2. Aprender a tomar o pulso para coñecer o grado de aptitude física.
3.  Coñecer e facer un quentamento de forma correcta antes da realización de actividade física.

Enlaces relacionados ca unidade:

COMO TOMAR O PULSO


Como Tomar El Pulso from engelbert

VÍDEO DE YOUTUBE




CAPACIDADES FÍSICAS BÁSICAS



cualidades físicas básicas primaria from Maripaz Pantrigo


O QUENTAMENTO NA ACTIVIDADE FÍSICA


lunes, 23 de septiembre de 2013

Benvidos ao blog xogo non revolto


Ola revoltiñ@s!!

Como vedes fixen este humilde blog co fin de "deixarvos" algúns recursos e actividades relacionadas ca área de educación física.

Como sabedes, dentro da materia de educación física é moi importante traballar o apartado relacionado co exercicio físico e o coidado da corpo e a sáude.

Os vosos compañeir@s de 3º están traballando na área de  coñecemento do medio as partes do corpo e o coidado da saúde. 

Así que aproveitando a ocasión, recoméndovos  que "pinchedes" nos seguintes enlaces web para que repasedes dunha forma máis divertida as partes que configuran a nosa "máquina" (corpo).

O NOSO CORPO 

ESTUDAMOS AS ARTICULACIÓNS

ESQUELETO, MÚSCULOS E ARTICULACIÓNS (XOGOS)

COÑECENDO OS DIFERENTES SISTEMAS DO CORPO HUMANO (3º CICLO)